Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xullo de 2016

O Concello asina un convenio con tres grupos de telefonía para o soterramento de infraestruturas de telecomunicacións, “dando cumprimento a unha vella demanda, e novos pasos cara a unha cidade máis humanizada”

Os 130 pases aéreos de electricidade obxecto do acordo son aqueles que, na actualidade, soportan o despregue de fibra óptica. As obras serán asumidas polas empresas operadoras

O Concello vén de asinar un convenio cos grupos de telefonía Vodafone España SAU, Orange Spagne SAU e Telefónica de España SAU para a execución de obras de soterramento de infraestruturas de comunicacións. En concreto, e segundo o acordo firmado este luns entre o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e representantes das tres entidades, as empresas faranse cargo das obras para deixar baixo terra uns 130 pases de cableado que cruzan distintas rúas da cidade mediante tendidos eléctricos nos que na actualidade se ten instalado o despregue de fibra óptica. O rexedor destacou que con este acordo "dáse cumprimento a unha vella demanda", e se dan novos pasos de cara a creación "dunha cidade máis humanizada".

"A realidade é sinxela: con menos cableado, non só melloramos a paisaxe urbana, senón que ademais posibilitamos melloras de mobilidade en moitas rúas, onde por mor destas infraestruturas era máis complicado o acceso de vehículos de grandes dimensións", explicou o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, presente na firma e que destacou ademais que a maioría das actuacións de soterramento terán lugar nos barrios (adxúntase documento cos pases que serán soterrados).

O convenio vén motivado pola intención de dúas operadoras de telecomunicacións (Vodafone e Orange) de executar traballos para a construción de canalizacións na cidade por onde realizar o seu despregue de fibra óptica. Dáse a circunstancia de que Telefónica ten xa instalada no termo municipal unha rede de fibra óptica na que existen diversos cruces aéreos na mesma zona na que as outras empresas van construír canalizacións que permitan levar estes cables de maneira soterrada. Así, o convenio asinado esta mañá fai constar que "co propósito de proceder ao soterramento dos cruces aéreos existentes de Telefónica, interesa aproveitar a construción das novas canalizacións e que esas sexan utilizadas polas tres operadoras de telefonía no seu despregue de fibra óptica dentro do Concello da Coruña".

Desta forma, o documento asinado ten por obxecto "proceder ao soterramento dos cruces áreos existentes de Telefónica no termo municipal da Coruña nos que ten instalados cable de fibra óptica". A súa vez, Orange e Vodafone quedarán "obrigadas a realizar unha canalización que permita ser compartida polas tres operadoras no despregue de fibra que están executando actualmente en todos os cruces aéreos obxecto do presente convenio" e que suman un total de 130 pases. As obras de soterramento serán financiadas polas propias operadoras.

Vodafone e Orange encargaranse de todos os traballos relacionados coa obra civil precisa para a instalación da infraestrutura canalizada de telecomunicións prevista, mentres que Telefónica farase cargo dos traballos de desmontaxe das instalacións aéreas obxecto do convenio que cruzan a vía pública, ademais da supervisión técnica das obras e o tendido do novo cableado. O Concello da Coruña, pola súa banda, "tramitará no prazo legalmente establecido as licenzas ou autorizacións necesarias para a execución dos traballos mencionados e a instalación da infraestrutura". Os aproveitamentos de solo e subsolo público darán lugar ao pago de taxas.

Documentos:

Pasos aéreos dentro do convenio de soterramento (112 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión