Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de abril de 2017

O Concello impulsa o seu plan de acción para dar a coñecer o Camiño Inglés e potencialo como destino turístico internacional

O Consorcio de Turismo promociona a cidade e a súa vinculación xacobea en encontros especializados en Estados Unidos e Hungría

O Concello, a través do Consorcio de Turismo, participa esta fin de semana en Budapest na conferencia sobre o Camiño de Santiago que organiza a Asociación Húngara de Amigos do Camiño, un evento para o que hai preto de 500 persoas inscritas e no que participan ademais outras asociacións europeas e o Xacobeo. A presencia da Coruña nese foro servirá, tal e como salienta o concelleiro Alberto Lema, responsable da área municipal de Turismo, para dar a coñecer a importancia da cidade como principal porto da peregrinaxe xacobea, dentro do plan de acción para promocionar o camiño inglés que Turismo da Coruña ten previsto desenvolver durante o presente ano. Segundo destaca o responsable municipal, que é tamén presidente do Consorcio de Turismo, entre as actuacións que se desenvolverán neste eido está a sinalización do camiño dentro da cidade, a publicación dunha guía urbana xacobea, a busca de proxectos de interese común entre asociacións internacionais e o traballo en colaboración co cabildo de Santiago para a apertura das igrexas que pasan pola ruta. Neste marco, potenciarase ademais a información específica para esta clase de visitantes nas oficinas de turismo.

O encontro en Hungría, no que participa a xerente de Turismo, Lanzada Calatayud, forma parte desta promoción do Camiño Inglés no ámbito internacional, para dar a coñecer tanto a concesión da Compostela para o Camiño Inglés desde A Coruña como a riqueza patrimonial e o interese turístico-cultural da cidade. Neste mesmo obxectivo, a responsable de Turismo da Coruña viaxou esta semana a Hampton, Georgia (Estados Unidos), para participar no encontro anual de American Pilgrims on the Camino -Asociación Internacional de Amigos do Camiño de Santiago en USA, unha entidade dedicada á promoción do Camiño de Santiago en USA-, onde Turismo da Coruña tivo a oportunidade de presentar a cidade e poñer de relevo a súa vinculación co Camiño de Santiago e en concreto co Camiño Inglés, así como a súa oferta turística, cultural e gastronómica, tendo en conta que os Estados Unidos son e que son, por volume, a terceira nacionalidade en facer o Camiño. Neste caso, o congreso combinou presentacións académicas, divulgativas e prácticas. Froito desta xuntanza, a asociación americana publicitará na súa newsletter, que chega a preto de 10.000 persoas, a información sobre o Camiño Inglés.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión