Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de outubro de 2016

O Concello investiga os danos provocados en árbores na zona do Hospital de Oza "que impiden a súa supervivencia"

A titular de Medio Ambiente, María García, afirma que o Goberno local “fará todo o posible para evitar novos casos coma este”, que afecta a dous plátanos de varias décadas

A Concellería de Medio Ambiente vén de iniciar unha investigación, liderada polo departamento municipal de Inspección Ambiental, para esclarecer a autoría dos actos vandálicos provocados en dous exemplares de plátanos situados na zona das Xubias. Os danos nas árbores, segundo a edil María García, "fan imposible a súa supervivencia". Na agresión, as ou os autores "arrincaron a corteza das árbores arredor do seu diámetro, ademais de provocar cortes cunha serra, o que impide que estes exemplares, de varias décadas, sobrevivan a este ataque", explica a concelleira. "Esta é unha nova agresión inxustificada ao patrimonio común", afirmou García, quen avanzou que a Patrulla Verde xa está a investigar a orixe dos actos.

A edil solicitou a colaboración cidadá "á hora de alertar as autoridades competentes para evitar novos casos coma este", e preservar os espazos verdes da cidade. "O Goberno local fará todo o posible para investigar e sancionar unha conducta vandálica que afecta ao valioso patrimonio natural de toda a cidadanía", sentenciou.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión