Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de outubro de 2015

O Concello organiza distintas actividades lúdicas para todas as idades este sábado con motivo da festas do Samaín e de Defuntos

A procesión da Santa Compaña, con nenos que participaron nun pasarrúas polas zonas comerciais da cidade, a Zombie Walk e a proxección da película Rocky Horror Picture Show centro do festibal Freakmazine

O próximo sábado, día 31 de outubro, o Concello da Coruña organiza e participa en distintos actos de carácter lúdico cos que conmemorar a festividade do Samaín e o Día de Defuntos e favorecer unha oferta de ocio inclusiva para todas as idades. Así, ás 17.30 está programado que arrinque na Praza de María Pita a procesión da Santa Compaña, á que están convocados os case 300 rapaces e rapazas dos diversos centros escolares que participaron nos obradoiros do Samaín organizados pola concellería de Emprego e Economía Social. Trátase dos mesmos estudantes que a pasada semana levaron a cabo diversos pasarrúas polas zonas comerciais da cidade, dentro dunha iniciativa para a promoción do comercio de proximidade na que participaron 83 establecementos de todos os barrios da cidade.

A procesión da Santa Compaña contará con animación, zancudos e outros personaxes caracterizados,e poderán sumarse todos aqueles veciños e veciñas que o desexen. O percorrido irá dende a praza de María Pita até o Pazo dos Deportes, pasando pola Rúa Real, os Cantóns, a praza de Lugo e Alfredo Vicenti.

Ao longo do percorrido, a Procesión coincidirá con varias sorpresas preparadas polo Movemento Xove e os grupos de Otakus da Coruña, ademais doutros actos organizados polo Festival Freakmacine, como o set de maquillaxe que comezará a preparar aos participantes da Zombie Walk, que celebra xa a súa quinta edición.

A procesión infantil da Santa Campaña rematará cunha gran festa de Magosto no Pazo dos Deportes. Como remate das actividades do sábado, o Freakmacine celebra o 40 aniversario da película Rocky Horror Picture Show cunha proxección especial nos cines dos Cantóns.

Por outro lado, hoxe coñecéronse os comercios gañadores do concurso de escaparatismo de Samaín. Os premiados foron elixidos en base a votación dos rapaces e rapazas que participaron no pasarrúas.

-Percorrido Falperra/Picaso: Albany

-Percorrido Conchiñas: Todo Lar

-Percorrido Riazor: Aloevera

-Percorrido Catro Camiños: Metrópolis Cómics

-Percorrido General Sanjurjo: Mara López

-Percorrido Orzán/Obelisco: Jerry The Candy Man

-Percorrido Monte Alto: Migas Dulces Bocados

-Percorrido Mallos: Luces de Bohemia

-Percordido Eirís/Castrillón: El Rincón de Noa

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión