Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de decembro de 2016

O Concello pon a punto o dispositivo especial para a Cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas da cidade o día 5 de xaneiro, con 13 carrozas, 4 trens turísticos, e 464 figurantes

A comitiva partirá ás 18.00 horas da tarde da Ronda de Monte Alto para rematar na Praza de María Pita contra ás 20.30 horas. A Policía Local cortará o tráfico ao paso da cabalgata

O Concello da Coruña está a poñer a punto o dispositivo especial que activará de cara á celebración, o vindeiro día 5 de xaneiro, da tradicional Cabalgata de Reis, que nesta edición, e co gallo de estender as actividades municipais a diversas zonas da cidade, partirá da Ronda de Monte Alto (en concreto da glorieta onde conflúe a Avenida de Hércules e a rúa Alcalde Sanjurjo) para discorrer logo pola Avenida de Hércules, rúa da Torre, Panadeiras, Orzán, San Andrés, Santa Catalina, Cantón Grande, Avenida da Mariña e Montoto,  e rematar na Praza de María Pita. A comitiva deste ano estará formada por 13 carrozas (sete do Concello e seis de entidades colaboradoras), ademais de catro trens turísticos. En total, participarán 464 figurantes nesta cabalgata na que está previsto que se repartan, só dende o Concello, seis toneladas de caramelos sen gluten.

O Concello realizou onte o sorteo que determinou a adxudicación das 323 prazas de figurantes que participarán nas carrozas municipais, así como nos trens turísticos que tamén aporta a administración local. A lista definitivas das persoas seleccionadas segundo concurso publicarase na web municipal o vindeiro día 28, así como está previsto que IMCE contacte coas mesmas, tal e como se estableceu nas bases deste sorteo, que se artellou co obxectivo "de facer o máis accesible e igualitaria posible a participación da cidadanía neste acto festivo".

En total, as 7 carrozas así como 3 trens municipais contarán con 233 persoas figurantes con idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos de idade. Ademais, outras 90 persoas solicitantes, maiores de 10 anos, formarán parte do séquito a pé. As e os figurantes, vestidos de paxes reais, irán diante das tres carrozas dos Reis Magos. Ademais das 323 prazas sorteadas, o Concello porá a disposición do proxecto solidario Quimions un cuarto tren turístico, no que participarán 45 persoas. O resto de participantes/figurantes na cabalgata distribuiranse nas carrozas patrocinadas polas entidades privadas que colaboran con este evento, e que esta edición son Abanca, Coca-Cola Iberian Partners, Gadis, El Corte Inglés, Repsol e Cabreiroá.
 

Dispositivo de tráfico

O Concello ten previsto despregar un dispositivo especial de tráfico durante toda a xornada do día 5. Así, desde as 09.00 horas ata as 18.00 horas --a hora prevista da saída da comitiva-- non estará permitido estacionar nas marxes do novo tramo da Ronda de Monte Alto, a zona de formación e saída da cabalgata; mentres que no resto do percorrido non se poderá aparcar desde as 15.00 ata as 20.00 horas. En concreto, suprimirase o estacionamento en toda a Avenida de Hércules, na rúa da Torre (desde a Avenida de Hércules ata Campo da Leña), na rúa Orzán (desde Panaderas ata o Pórtico de San Andrés), na rúa San Andrés (desde o Pórtico ata Santa Catalina) e na mesma Santa Catalina.  

Unha vez comece a celebración, contra as 18.00 horas, a Policía Local cortará o tráfico ao paso da comitiva, ata a súa finalización. Deste modo, a circulación recuperarase segundo avance a cabalgata polas rúas da Coruña.



 

Documentos:

Itinerario da Cabalgata (PDF) (209 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión