Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de maio de 2018

A presentación contou coa proxección do spot oficial do festival gastronómico e coa participación dos chefs coruñeses Iván Domínguez e Javi Freijeiro nun showcooking

O Concello presenta no Salón de Gourmets 2018 de Madrid a primeira edición do Festival SAL, "que nace con vocación de promocionar A Coruña como referente do turismo gastronómico do noroeste"

O evento, impulsado por Turismo da Coruña e que se celebrará entre o 15 e o 17 de xuño na cidade, servirá para poñer en valor tanto a oferta gastronómica da cidade como os e as produtoras do concello e a área metropolitana

O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo, presentou este mércores en Madrid, no marco do Salón de Gourmets 2018, o Festival SAL Sabores Atlánticos, que celebrará a súa primeira edición os vindeiros días 15,16 e 17 de xuño e que pretende "promocionar a cidade como referente do turismo gastronómico do noroeste peninsular".

O evento, que impulsa o Concello conta coa colaboración de marcas como Cabreiroá ou Estrella Galicia 1906, "trata non só de poñer en valor a oferta gastronómica da figura senón tamén a figura dos e das produtoras tanto da cidade como da Área Metropolitana". Así o destaca o presidente do Consorcio de Turismo e concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, que salienta que "a oferta gastronómica da cidade é un dos nosos máis fortes reclamos, non só pola calidade da nosa cociña senón tamén pola dos nosos produtos, por iso este evento servirá tamén para destacar o sector produtivo". Deste xeito, e como indica o responsable municipal, "a restauración da Coruña terá un papel relevante no festival para expoñer a actual cociña da cidade, na que se dá cabida tanto á tradición como aos novos formatos e que reivindiquen a nosa gastronomía atlántica de carácter único".

Durante a presentación, á que acudiu á xerente do Consorcio, Lanzada Calatayud, e que se desenvolveu no stand oficial de Estrella Galicia, deuse a coñecer o spot oficial do evento, que xa se pode visualizar na web www.festivalsal.es. A continuación, dous cociñeiros, o Estrela Michelin Iván Domínguez (Restaurante Alborada e Arallo Taberna) e Javi Freijeiro (con Pracer, novo proxecto gastronómico, a piques de abrir as portas) participaron nun showcooking. Os dous membros do colectivo Coruña Cociña, co que o Concello colabora en diversas accións de promoción turística e gastronómica da cidade, elaboraron espárragos brancos recén cocidos á feira e xarda asada e afumada con agullas de piñeiro, puré de coliflor e fiúncho encurtido. Ao finalizar o showcooking tivo lugar unha degustación de produtos para todas as persoas asistentes.

O Festival SAL Sabores Atlánticos terá lugar o vindeiro mes de xuño na explanada do Parrote e contará con exhibicións de cociña a cargo de profesionais de primeira liña e Estrelas Michelin de todo o Estado e do panorama internacional. Durante os tres días de celebración do festival o público poderá gozar da oferta dos locais de restauración da cidade inscritos no festival, así como da oferta dos food trucks, degustacións, catas, obradoiros de cociña, charlas e actividades infantís, entre outras.

Este novo festival será o marco para dar máis visibilidade ás persoas produtoras e cociñeiras da rexión atlántica, de forma que se amplíe a oferta de actividades gastronómicas da cidade. "Este evento vén completar outras citas destacadas da cidade, algunhas de impulso municipal como o Boucatise, as xornadas Lacónicas ou o concurso de tapas Picadillo, ou outros que acollemos e cos que colaboramos como o Fórum Gastronómico, o Bo en Boca ou o Sherry Festival, que non só atraen a un destacado número de visitantes senón que serven para aportar dinamismo ao sector", incide Lema.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión