Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de outubro de 2016

O Concello reurbanizará a rúa Montiño para resolver os problemas de recollida de pluviais e mellorar a seguridade peonil na zona

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda mantivo hoxe unha xuntanza con representantes veciñais para presentar a actuación, “que servirá para resolver unha demanda histórica do barrio”, e recoller as achegas da veciñanza, ademais de abordar outras infraestruturas para o barrio

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, mantivo este xoves unha xuntanza con representantes da asociación veciñal do Castrillón-Urbanización Soto 'IAR' para presentar a proposta técnica que o Concello ten previsto executar nas próximas semanas na rúa Montiño, un proxecto "dirixido a resolver os problemas de recollida de pluviais e escorrentías que sofre esta vía, derivados da súa pendente, e mellorar a seguridade peonil". Como salienta o responsable municipal, a reunión serviu tamén para recoller as achegas e propostas da veciñanza sobre o proxecto, que nos próximos días será presentado tamén a outras asociacións da contorna, que serán convocadas "para realizar o mesmo intercambio de ideas". O proxecto responde, como salienta o concelleiro, "a unha demanda histórica do barrio, ademais de exemplificar o tipo de actuacións que o Goberno local está a desenvolver nos barrios, atendendo as necesidades da veciñanza e con obras que, sen supoñer un investimento desproporcionado, teñan un impacto para mellorar a vida das persoas". Como destaca Varela, estas intervencións "de acupuntura urbana" encamíñanse tamén "a seguir avanzando nunha cidade para as persoas, para os peóns, buscando a accesibilidade universal do espazo público". Suporá un investimento de 180.000 euros e terá un prazo de execución de catro meses, de xeito que estará rematada no primeiro trimestre do próximo ano.

Na reunión mantida esta mañá coa asociación veciñal plantexáronse outros proxectos para o barrio, como o do centro deportivo do Castrillón, do que o responsable de Rexeneración Urbana confirmou que terá unha xestión pública. "Incluiremos nos Orzamentos municipais o acondicionamento interior do complexo", reafirmou. Ademais, na xuntanza abordáronse outras intervencións, como a colocación de parques biosaudables na praza de Pablo Iglesias, que se levará a cabo este ano, e outras vinculadas ás infraestruturas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión