Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de decembro de 2016

O Concello sortea as prazas de figurantes da Cabalgata de Reis, que terá lugar o día 5

A lista definitiva, que inclúe a localización segundo a idade e categoría solicitada, publicarase este mércores 28 na páxina web municipal

O Concello segue a preparar a Cabalgata de Reis, que terá lugar o próximo 5 de xaneiro nas rúas da cidade. Esta mañá o Fórum Metropolitano acolleu o sorteo que determina a adxudicación das 323 prazas da figuración que formará parte deste acto festivo, cuxas solicitudes foron presentadas a semana pasada a través desta web e recollidas por orde de chegada polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos, IMCE. En total, 1.169 persoas mostraron vontade por formar parte da comitiva e se lles asignou, no momento de formalizar a súa inscrición, un número que indicaba a súa participación para este sorteo, cuxa cifra resultante foi o 65.  A partir dela, o IMCE adxudicará as prazas e localización das e dos figurantes correlativamente, en función da súa idade e da categoría solicitada. A lista definitiva publicarase en www.coruna.gal/cultura o día 28, e o Instituto contactará coas persoas gañadoras, tal e como se estableceu nas bases.  

As persoas solicitantes que teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 10 anos irán sentadas durante o percorrido da Cabalgata. O total de prazas ofertadas nesta modalidade é de 233, que se distribuirán o día 5 entre catro carrozas municipais e as dos tres Reis Magos --98 figurantes entre as sete--, así como en tres trens --135 figurantes--. Por outra banda, as 90 persoas solicitantes que, a 1 de xaneiro de 2017, teñan máis de 10 anos de idade, formarán parte do 'séquito a pé'. As e os figurantes, vestidos de paxes reais, irán diante das tres carrozas dos Reis Magos.

Ademais das 323 prazas sorteadas, o Concello porá a disposición do proxecto solidario Quimions na Cabalgata outro tren, no que poderán participar ata 45 persoas  

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión