Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de outubro de 2017

O barrio de Labañou acollerá mañá, sábado, unha nova edición dos encontros ‘Dillo ti’ entre o goberno local e a veciñanza

A nova sesión deste programa de participación cidadá comezará ás 12.00 horas no centro cívico do barrio

O alcalde, Xulio Ferreiro, e o resto de concelleiras e concelleiros do grupo de Goberno participarán mañá sábado, día 28 de outubro, desde as 12.00 horas, nun novo encontro Dillo ti, o programa de xuntanzas abertas entre executivo local e a veciñanza que se celebran en distintos barrios da Coruña co obxectivo que a cidadanía sexa partícipe da acción de Goberno, unha canle de participación cidadá posta en marcha polo goberno local para crear espazos de encontro e facilitar que as veciñas e veciños poidan, de xeito directo e sen intermediación, as súas demandas, preguntas ou reflexións. O programa, que se celebra con periodicidade mensual, chega mañá ao centro cívico de Labañou (rúa Colombia s/n) tras visitar os barrios dos Castros, Palavea, Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Peixería, A Silva, Feáns e Durmideiras. Como vén sendo habitual, o encontro contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos, así como un espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á cidadanía. Así, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este obradoiro aberto, poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo non é necesario inscribirse, unicamente acudir ao equipamento municipal no horario de celebración do Dillo ti, entre das 12.00 a 13.30 horas.

Toda a información sobre esta serie de xuntanzas está dispoñible na páxina web municipal, no enlace www.coruna.es/conversascoalcalde, así como nos vídeos resumo de cada unha delas, que se poden ver na canle oficial do Concello na plataforma Vimeo www.vimeo.com/concellocoruna.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión