25 de abril de 2022
O CEIP Ramón de la Sagra e Compañía de María ségueno
Despois de dúas probas do Circuíto Coruña Corre, a clasificación do Coruña Corre Colexial encabézaa o CEIP María Pita, aínda que as primeiras posicións están moi apertadas.
Dezanove son os puntos que acumulan as/os representantes do María Pita, que contou con Hugo Souto, Mario Paz, Fernando Bregua, Daniel Couceiro, Yago Couceiro, Gabriel Ferreiro, Fabio Bregua, Pelayo Quesada, Sira López, Einar López, Xoel Santás, Icíar Santás e Salomé Betancourt.
A só un punto do líder, atópanse outros dous colexios, o Ramón de la Sagra e o Compañía de María.
Inés Peña, Rafael Palla, Noreia Vales, Simón Peña, Martiño Vales, Carmen Díaz, Álvaro Díaz, Martina Barreiro, Uxía Rodríguez, Irea Rodríguez e Julia Rodríguez participaron nesta edición de Coruña Corre por parte do Ramón de la Sagra.
O Compañía de María contou con Enrique Vesteiro, David Murado, Zoe López, Manuel Artime, Lucas Parra, Pedro Prada, Jacobo Núñez, Elisa Ojea, Noa Martínez, Íñigo Fernández-Peiteado, Leire Fernández-Peiteado, Juan Rueda e Gael Martínez.
O CPR Sacro Corazón-Franciscanas está preto dos tres primeiros con 17 puntos sumados en dúas carreiras.
Podes consultar a clasificación completa na seguinte ligazón

30 de novembro de 2025

21 de novembro de 2025

17 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible