Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de setembro de 2016

O centro Ágora e o Fórum ofrecerán a partir de setembro 90 obradoiros, dentro do programa de lecer deste outono

A preinscrición, que se poderá facer de forma presencial nos dous espazos ou de xeito telemático, realizarase entre os días 5 e 7 do próximo mes. As actividades darán comezo o día 26

Os centros Ágora e Fórum Metropolitano ofrecerán, a partir do 26 de setembro, as novas actividades vinculadas ao programa de lecer deste outono, un total de 90 obradoiros dirixidos a un público de mais de 16 anos, con actividades de temáticas tan variadas coma a historia e a arte, a arquitectura, o teatro ou a literatura, o cine ou novas disciplinas como o mindfulness. No apartado práctico ofreceranse obradoiros de escritura en blog, webseries ou clown, ademais de música, astronomía, meteoroloxía ou fotografía, e haberá tamén talleres de cociña personalizados no centro Ágora. Manterse ademais a aposta pola creatividade manual e as propostas dirixidas especificamente para maiores de 65 anos, con obradoiros de actividade motriz, corpo, danza. Tamén haberá monográficos, que este ano dedicaranse á figura de Miguel de Cervantes. A oferta complétase con actividades infantís e para adolescentes, os sábados.

En palabras do concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, o programa compón "unha proposta innovadora, con actividades que impulsan a formación con accións culturalmente enriquecedoras, e dando utilidade aos recursos dos que dispón a cidade, na busca, ademais, dun incremento da demanda cultural, e promovendo a convivencia e a sociabilidade das persoas participantes". Cada obradoiro ten un custe de 30 euros, agás para as persoas maiores de 65 anos, que aboarán 21 euros. O inicio das actividades terá lugar o luns 26 de setembro e os obradoiros comezarán cun mínimo de 12 participantes. A preinscrición realizarase os días 5, 6 e 7 en cada un dos centro (tanto Ágora como Fórum), en horario de 09.00 a 14.00  horas e de 16.00 a 20.00 horas, e tamén será posible realizar a inscrición telemática. O sorteo terá lugar o venres, 9 de setembro, ás 12.00 horas, e as listas de obradoiros adxudicados publicaranse o luns, 12. O prazo  para formalizar a inscrición estará aberto ata o día 14 e esa semana, entre os días, 16 e 17, comunicaráselle ás persoas da lista de espera correspondente formalicen a súa inscrición (entre os días 19 e 20). A partir do 21 de setembro poranse a disposición as prazas vacantes.

 

 

 

 

 

 

Documentos:

Programa de Lecer Outono 2016 - FORUM METROPOLITANO (368 KB)

Programa de Lecer Outono 2016 - ÁGORA (434 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión