Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de novembro de 2015

O CMIX ofrece catro obradoiros gratuítos sobre xestión de entidades de participación social

Os talleres, dirixidos a asociacións e grupos non formais, terán lugar no Fórum Metropolitano entre o 27 de novembro e o 14 de decembro

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática, a través do CMIX, ofrece un programa formativo dirixido ás asociacións, entidades e grupos non formais que xa están en marcha, e tamén ás persoas que están en proceso de crear novas entidades que veñan a sumarse a labor que realizan as xa existentes. Os obradoiros, que se desenvolverán no Fórum Metropolitano de forma gratuíta, teñen como obxectivo proporcionar ferramentas para a organización e xestión de entidades de participación social, complementando desta maneira o traballo que desde a concellaría se vén realizando no eido asociativo: xestión do Rexistro Municipal de Asociacións (REMAC), actualización da Guía de Asociacións, asesoramento na formación de asociacións, préstamos de equipos audiovisuais para a realización de actividades, etc.

Cada persoa interesada poderá participar nun máximo de dous talleres, e a inscrición realizarase na web www.coruna.es/cmix. As prazas son limitadas; unha vez que se esgoten, abrirase unha lista de espera para cada obradoiro.

Programa formativo

O día 27 de novembro, de 17:00 a 20:00 horas, terá lugar o obradoiro ‘Asociación ou grupo non formal ¿Cal é o mellor modelo para levar a cabo un proxecto social?’, que abordará os pros e contras de cada alternativa, e inclúe unha análise da situación e os requerimentos necesarios para constituír unha asociación (estatutos, acta de constitución, etc). A inscrición estará aberta do 12 ao 23 de novembro.

O 4 de decembro, en horario, de 16:00 a 21:00 horas, celebrarase o obradoiro dirixido a coñecer  como xestionar unha asociación: proxecto asociativo, financiamento e fiscalidade, e sobre a elaboración do proxecto da asociación, establecemento do orzamento de ingresos e de gastos, abordar a fiscalidade e ferramentas básicas de xestión. A inscrición estará aberta do 17 ao 30 de novembro.

O 11 de decembro, en horario de 17:00 a 21:00 horas, desenvolverase o obradoiro de creación e realización de proxectos. A  inscrición estará aberta do 23 de novembro ao 7 de decembro.

O 14 de decembro, desde as 17:00 ata as 21:00 horas, terá lugar o obradoiro sobre comunicación en entidades (comunicación interna, externa, cidadá e dixital), no que se estudará o uso do Newsletter, Whatsapp, as notas de prensa, a comunicación institucional, redes sociais.... A  inscrición estará aberta do 25 de novembro ao 9 de decembro.

Documentos:

Programa formativo (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión