Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de novembro de 2017

O Festival de Artes pola Inclusión Cultural 'Festi=' achega a danza este xoves a todos os públicos con 'Experimentadanza'

A intervención artística da Asociación Diversos, que forma parte da primeira convocatoria de Cultura Accesible e Inclusiva, terá lugar desde as 20.00 horas na entrada da Casa da Auga

O Concello da Coruña avanza no seu compromiso de favorecer a inclusión e a accesibilidade das persoas con diversidade funcional, sensorial ou cognitiva na vida cultural e artística da cidade. Este xoves 23 terá lugar a terceira das accións que forman parte da programación expandida do FESTI= Festival de Artes pola Inclusión Cultural, a iniciativa posta en marcha polo goberno local e a Fundación Emalcsa co obxectivo de visibilizar, nos últimos meses do presente exercicio, as propostas que formaron parte da primeira convocatoria do programa Cultura Accesible e Inclusiva. Así, este xoves, a Asociación Cultural para a Integración Social Diversos, presentará Cerebro-Artes-Acción de Experimentadanza, unha intervención artística aberta a todos os públicos e que comezará ás 20.00 horas no hall do edificio da Casa da Auga.

A entidade Diversos é unha asociación conformada por un grupo de persoas adicadas a artes escénicas como a música, a danza ou o teatro, e que participa na convocatoria Cultura Accesible a través do proxecto Torre de Babel, que se presentará o día grande do FESTI=, 3 de decembro, no Centro Ágora. Nesa mesma xornada, que comezará ás 12.00 na praza de María Pita cun acto protagonizado polas entidades sociais vinculadas ás diversidades da cidade e da área metropolitana, celebrarase no equipamento da Agra un xantar aberto á veciñanza. Durante a tarde, haberá actuacións de Demusicade ou Tres por Cuatro, ademais da presentación da montaxe dos obradoiros ensaiados nos días previos de La Quinta del Arte, a proxección de Un día de Cine, de Proxecto Máscaras, ou o taller Un museo en movemento, da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes. Acompañando aos proxectos da convocatoria Cultura Accesible, o narrador oral Caxoto e a cantante Guadi Galego tamén participarán con sellas actuacións no Ágora. Finalmente, a última parada do FESTI= terá lugar o 14 de decembro, cando La Quinta del Arte estree a montaxe La gran boda no Teatro Rosalía de Castro ás 18:30 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión