Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de agosto de 2015

O Forumáxico arrincará o 5 de setembro a tempada de teatro e arte en vivo

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, e a directora do Fórum Metropolitano, Begoña Llamosas, presentaron o ciclo de maxia para todos os públicos



O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou na mañá deste venres o ciclo Fórumáxico, co que, como lembrou, se abre “a tempada regular de teatro e arte en vivo”.  Durante os catro sábados de setembro, o Fórum Metropolitano acollerá catro espectáculos de maxia dirixidos a público familiar, nos que ten cabida a comedia, o drama e o teatro, pero sempre coa maxia como protagonista. Begoña Llamosas, directora dos centros Ágora e Fórum Metropolitano, salientou que o Fórumáxico será o punto de partida dunha tempada na que haberá “novo circo, artes en vivo ou danza”, con obras destinadas ás diferentes idades e “garantindo” con esta programación “bos espectáculos para toda a poboación”, segundo afirmou.

Forumáxico arrinca o sábado 5 de setembro coa actuación Mago Marco e o seu ‘Maxia en Familia’,  un espectáculo, que o mago define como “súper moderno”, pensado para un publico desde os 0 anos até os 100. Continúa o sábado 12 de setembro co Mago Richard e o seu espectáculo ‘Maxia en Estado Puro’, onde maxia e comedia da man do teatro levaran ao público a parcelas totalmente descoñecidas da historia da maxia. A actuación ven acompañada con elementos procedentes doutras artes escénica, cunha importante presencia de fondos musicais, interaccións co público e gags procedentes do mundo clown, ademais doutra arte afín a maxia como é a globoflexia. Unha sesión de ilusionismo concibida especialmente para un público familiar. Unha mistura de maxia e fantasía con efectos sorprendentes, coa participación activa dos rapaces e as rapazas.

Martín Camiña visitará o Fórum o 19 de setembro con ‘Transformando o presente’, un espectáculo que mistura maxia e música e que  conta coa participación do músico Álvaro Muras. Maxia e melodías pretenden alterar a realidade nun espectáculo cheo de efectos sonoros e emocións visuais. O ciclo remata o sábado 26 de setembro con ‘O fabricante de soños’, un espectáculo do Mago Romarís que presentará unha compilación dos seus mellores números, algúns dos cales son creacións propias.

O Forumáxico terá lugar os sábados  5, 12, 19 e 26 de setembro, ás 19.00 horas, no Fórum. As entradas, que teñen un prezo de cinco euros -12 euros o abono 3 familiar- pódense adquirir n despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 horas (Pagos en efectivo), no despacho de billetes Fórum, o día de función, desde unha hora antes (pagos en efectivo) ou a través dos servizos de televenta: 902 504 500 - www.ataquilla.com.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión