Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de abril de 2017

O Goberno local abre unha enquisa á cidadanía "para acadar a maior diversidade posible de achegas ao Plan de Turismo da Coruña"

O edil Alberto Lema sinala que este proceso, que se poderá realizar a través da web de Turismo, desenvolverase até o final do mes de abril

O Concello da Coruña, a través do Consocio de Turismo, no marco da redacción do Proxecto Estratéxico de Turismo (PET), abre unha enquisa para coñecer a visión da veciñanza, así como de aquelas persoas que visitan a cidade, en relación ao desenvolvemento turístico da mesma. O edil de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, sinala que esta medida ten como finalidade "enriquecer a estratexia e propostas turísticas para A Coruña", ao tempo que "fai partícipe" á cidadanía "dun proceso que definirá o modelo de turismo que terá o municipio nos próximos anos". "Para este Goberno é fundamental que este PET, que se atopa na súa fase final de redacción, conte tamén coa opinión tanto da veciñanza como das persoas que visitan A Coruña, co fin de acadar a maior diversidade posible de visións e achegas sobre a nosa localidade, e que permitan construír un modelo turístico de destino urbano máis plural posible ", explica Lema.O Concello da Coruña puxo en marcha o pasado mes de xaneiro o desenvolvemento do novo PET, que conta cunha Comisión de Seguimento formada por axentes do sector público e privado da cidade, coa finalidade de involucrar no desenvolvemento deste Plan aos diferentes actores do sector turístico.  Despois de realizar numerosos encontros con outros axentes locais do ámbito cultura, deportivo e social ou social do municipio, así como da Escola de Turismo da Coruña, o proxecto ábrese á veciñanza. Nesta enquisa, á que se poder acceder desde a web do Consorcio de Turismo,  a cidadanía pode mostrar a súa percepción sobre a promoción e o fomento da actividade turística, así como o acollemento, por parte da veciñanza, das e dos visitantes. As preguntas poderán contestarse desde hoxe e ata final de mes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión