Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de agosto de 2016

O Goberno local apoiará a participación en Río 2016 do deportista paralímpico Alberto Seoane, o único coruñés que asistirá aos Xogos

O Concello prevé conceder unha subvención directa para sufragar os gastos de preparación, clasificación e asistencia ás olimpiadas do atleta

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, vén de anunciar que apoiará económicamente a participación do deportista Alberto Seoane nos Xogos Paralímpicos de Río 2016, que se disputarán do 7 ao 18 de setembro. Esta axuda, que será levada a Pleno polo Goberno local na vindeira sesión ordinaria, permitirá ao atleta, que compite na modalide de tenis de mesa, sufragar a través dun convenio nominativo de 3.000 euros unha parte do custo de preparación, clasificación así como a súa propia participación nas olimpiadas.

Seoane, que se atopa nun centro de alto rendemento de Sant Cugat del Vallès (Barcelona), é o único deportista coruñés que participará nos Xogos de Río. "O Concello, en ano olímpico, aposta polo deporte adaptado", sinala o edil José Manuel Sande, ao indicar que "esta medida é unha mostra evidente do apoio do Goberno local ao deporte entendido desde una perspectiva social e integradora, non só desde a actividade lúdica, senón tamén na competición", e que pretende "visibilizar o traballo" das e dos deportistas coruñeses "de todas as modalidades e disciplinas".

Neste sentido, o edil lembra a liña posta en marcha este ano polo Servizo Municipal de Deportes "para adaptar e abrir na súa totalidade probas como C10, C21 ou C42" as e aos atletas en cadeira de rodas, "que ata este ano non tiñan a oportunidade de realizar os percorridos completos".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión