13 de abril de 2016
O Goberno local convoca á Corporación Municipal e aos a ás traballadoras a concentrarse mañá, xoves, as 12.00 horas, en sinal de repulsa
O Goberno local da Coruña amosa a súa condena ante o último crime machista perpetrado en Benidorm (Alacant), coñecido neste mércores, e que se suma á morte doutra moza o pasado sábado en Lugo, que, pese a estar baixo investigación, parece apuntar a un novo caso relacionado coas violencias machistas. Do mesmo xeito, e en cumprimento do protocolo aprobado por unanimidade dos grupos municipais no Pleno, o Goberno local convoca aos membros da Corporación, así como aos e ás traballadoras municipais, a concentrarse mañá, xoves, ás 12.00 horas, ás portas do Pazo de María Pita e do resto dos centros de traballo municipais para gardar un minuto de silencio, en sinal de repulsa ante este e o resto de asasinatos de mulleres.
A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, quixo trasladar hoxe o seu fondo pesar e a súa condena por este novo crime, e advertiu do papel que deben adoptar as administracións públicas, “comezando polo Estado”, así como o necesario traballo que teñen as institucións públicas en materia de sensibilización, atención e prevención das violencias machistas. “Hai que tomar medidas contundentes desde as administracións”, considerou, para volver facer un chamado tamén á concienciación cidadá “ante unha situación que acaba coa vida de ducias de mulleres cada ano”.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible