Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de maio de 2017

O Goberno local finaliza as obras de renovación e acondicionamento da beirarrúa de Juan Flórez no CEIP Labaca, "unha medida que mellora as condicións do acceso ao centro e a seguridade da comunidade escolar"

O concelleiro Xiao Varela lembra que a ANPA “estivo informada en todo momento do proceso e participou no deseño da disposición final no mobiliario urbano”

A Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda vén de finalizar as obras de renovación e acondicionamento da beirarrúa de Juan Flórez próxima á saída do CEIP Labaca, que supoñen a ampliación do espazo peonil e a creación dunha nova estancia de encontro que mellora as condicións de acceso ao centro, así como da seguridade no cruzamento máis próximo ao colexio. "A nova beirarrúa de Juan Flórez mellorará e ampliará a seguridade do alumnado na súa entrada e saída ao centro, ademais de gañar de novo espazo público para a cidadanía, coa creación dunha estancia máis confortable", expón o concelleiro Xiao Varela, quen destaca que os traballos de renovación inclúen a instalación de bancos, "o que dá pé a un novo lugar de encontro que facilite a socialización das nenas e dos nenos, á vez que garante unha separación de seguridade entre a calzada e a saída do centro", así como doutros elementos de mobiliario urbano, entre os que se atopan un aparcadoiro de bicicletas e unha papeleira.

O edil sinala que a medida, que responde a unha petición da ANPA do CEIP, forma parte da liña de actuacións que se están a acometer na contorna doutros centros escolares da cidade, "coa finalidade de mellorar a seguridade peonil diante dos equipamentos", como no IES Monte das Moas, e que tamén se proxecta na rúa Victoria Fernández España, fronte ás escaleiras de do IES Menéndez Pidal. "A Asociación de Nais e Pais estivo informada en todo momento do deseño e desenvolvemento do proceso; unha vez aprobado o proxecto, desde o Concello valoramos que sería positivo que participase in situ nas tarefas de disposición do mobiliario", asevera Varela.

O pasado venres, durante a sinalización da localización dos bancos na beirarrúa, o equipo técnico municipal estiveron acompañados por membros da ANPA do centro, "que deron o seu visto bo á posición", explica o edil. "Unha vez que a varanda resolve a separación de protección entre as nenas e os nenos coa calzada, os bancos non se situarán estritamente aliñados coa porta do CEIP para optimizar o máis posible este espazo tan necesario", expón.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión