Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xullo de 2018

O goberno local incorpora o CEIP Raquel Camacho ao programa 'Aberto ao barrio', que na súa primeira semana nos novos centros contou con máis de 515 participantes

A concelleira de Xustiza Social salienta a boa acollida entre a veciñanza da apertura dos patios de centros escolares, que se prolongará até o final do mes de agosto

O programa municipal Aberto ao barrio, que supón a apertura dos patios dos centros educativos á veciñanza durante os meses de xullo e agosto, suma unha nova incorporación. Así, o CEIP Raquel Camacho, situado na Agra do Orzán, abre desde esta semana as súas instalacións exteriores á cidadanía todas as tardes, entre as 18.00 e as 21.00 horas, tal e como están a facer, desde o pasado 14 de xullo, o Manuel Murguía, Alborada, Sanjurjo de Carricarte ou o Juan Fernández Latorre.

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, valorou positivamente esta mañá a incorporación do centro, "ao sumar así un novo espazo integrador no barrio da Agra". "Aberto ao barrio non só supón unha medida de lecer que favorece a conciliación familiar, xa que as nenas e nenos que asisten ás actividades que se ofrecen contan cun equipo dinamizador, senón que aposta realmente polas instalacións dos centros educativos como espazos de encontro e aprendizaxe colectivo", apuntou.

A responsable municipal destacou tamén a a boa acollida entre a cidadanía da implantación da medida, que cualificou como "exitosa". Nos primeiros días da posta en marcha do programa durante o período estival, entre o sábado 14 e o domingo 22, un total de 519 persoas --tanto nenas e nenos, como mozas e mozos-- fixeron uso das instalacións exteriores dos centros educativos, situados nos barrios de Monte Alto, Feáns, Castrillón e Elviña, ou participaron nas actividades propostas polo equipo dinamizador presente nos patios, que inclúen propostas como xogos populares e tradicionais, danzas do mundo ou competicións deportivas.

O programa Aberto ao barrio, que o goberno local puxo en marcha, como proxecto piloto, no mes de decembro no CEIP Juan Fernández Latorre durante as fins de semana, manterá o seu horario de verán até o 31 de agosto.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión