Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de febreiro de 2017

O Goberno local someterase este sábado a unha moción de confianza co obxectivo de sacar adiante o proxecto de Orzamentos municipais

O proxecto presupostario do grupo de Goberno baséase en seis eixos de acción como son o Dereito á Vivenda, o Coidado do Espazo Público, a Mobilidade Sostible, unha Economía para as Persoas, a aposta pola Área metropolitana e o Dereito a unha Vida Digna.

O Pazo de María Pita acollerá mañá, ás 12.30 horas, un Pleno extraordinario que ten como asunto único o planteamento dunha cuestión de confianza vinculada á aprobación do Orzamento anual, así como os demais acordos complementarios aos mesmos. O Goberno local tratará de sacar adiante, desta forma, o seu proxecto orzamentario, que se basea en seis eixos de acción prioritarios na cidade para 2017 como son o Dereito á Vivenda, o Coidado do Espazo Público, a Mobilidade Sostible, unha Economía para as Persoas, a aposta pola Área metropolitana e o Dereito a unha Vida Digna.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión