Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de setembro de 2015

O Goberno municipal amosa o seu apoio ao persoal de Vodafone e solicita á empresa que manteña os postos de traballo

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, salienta que o ERE por causas organizativas non ten xustificación xa que ONO non ten implantación na cidade



O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, mantiveron na mañá de hoxe unha reunión con representantes do persoal de Vodafone na Coruña. No encontro o edil manifestou o apoio do Goberno local ás traballadoras e traballadores da empresa na cidade, e solicitou á empresa “que faga todos os esforzos posibles por manter un ben tan valioso e escaso, neste contexto actual de crise económica, como é o emprego”.

Vodafone está en disposición de aplicar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) en todo o Estado que orixinaría a redución do persoal en Galicia até un 40% en dous anos. “Os despidos no caso da Coruña non teñen obxecto xa que o persoal está sufrindo un ERE extintivo por razóns organizativas xustificado pola absorción de ONO,” explicou o concelleiro, “e ONO non ten implantación na cidade”. Alberto Lema amouse crítico coa “praxe de externalización de servizos” feita pola empresa “que conleva á precarización do emprego”, e solicitou a empresa que manteña os postos de traballo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión