20 de novembro de 2020
A cidade de Vilnius, que forma parte da rede do proxecto Ru:rban no cal participa A Coruña, desenvolveu unha guía para a xestión e posta en marcha de hortos urbanos.
A cidade de Vilnius, que forma parte da rede do proxecto Ru:rban no cal participa A Coruña, desenvolveu unha guía para a xestión e posta en marcha de hortos urbanos.
Vilnius é unha das cidades máis verdes de Europa cun 46% do seu territorio dedicado a espazos verdes: parques, prazas e bosques. Grazas ao Ru:rban, o número de hortos urbanos está a crecer rapidamente como un novo fenómeno adoptado polos cidadáns e incluído como unha ferramenta sustentable dentro das políticas de desenvolvemento urbano da cidade.
Unha boa mostra do compromiso do Ru:rban coa agricultura sustentable e urbana, é o traballo realizado polos membros do Grupo de Acción Local de Vilnius (ULG) e a creación de está guía centrada en como montar un horto urbano nas nosas cidades.
A guía está dispoñible en:
https://issuu.com/laurapetruskeviciute/docs/guide_to_urban_gardening
18 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible