6 de agosto de 2015
A reunión convocouse de maneira extraordinaria debido á tardanza na constitución do Consello Reitor do IMCE.
O Consello Reitor do IMCE aprobou na tarde deste xoves a contratación dos concertos de León Benavente e Mando Diao e a autorización da segunda fase do gasto das festas de María Pita 2015, así como a autorización da segunda fase do gasto de dinamización cultural na cidade no mes de agosto, nunha sesión extraodinaria urxente. A reunión convocouse de maneira extraordinaria debido á tardanza na constitución do Consello Reitor do IMCE, pola cal ?non foi posible tramitar estes expedientes con antelación?.
No caso da contratación dos dous concertos, o gasto total é de 63.711 euros. En canto a segunda fase dos gasto das festas, o importe é de 405.720 euros, metres que a segunda fase do gasto de dinamización cultural, este ascende a 154.598 euros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible