Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de outubro de 2015

O xurado do concurso do Calendario Municipal reúnese para escoller as fotografías que representarán "á xente da Coruña"

O vindeiro 1 de novembro anunciarase o fallo do tribunal, formado por representantes de todos os grupos municipais e tres fotoxornalistas

Esta mañá reuniuse no Arquivo Municipal o xurado que escollerá as fotografías que ilustrarán o Calendario Municipal do próximo ano. O tribunal, formado por representantes de todos os grupos da Corporación municipal e tres membros do Colectivo de Fotoxornalistas Coruñeses, escollerán 12 fotografías actuais que, baixo o lema A xente da Coruña, formarán parte, xunto a outras 12 antigas aportadas polo propio Arquivo, do almanaque do ano que vén.

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande; as concelleiras Avia Veira, Lucía Canabal e Mar Barcón; e os fotógrafos Víctor Echave, César Quian e Pedro Puig fallarán o vindeiro domingo, 1 de novembro, o nome das 12 veciñas e veciños gañadores da presente edición. O tribunal, se o estima oportuno por cuestión de calidade, seleccionará ademais outra imaxe para a a primeira páxina.

O concurso contou este ano coa participación de 92 persoas que achegaron durante o mes de outubro un total de 209 fotografías. As persoas que resulten gañadoras recibirán como premio un exemplar de O eterno feminino, do fotógrafo Xosé Abad, un curso de Lightroom e un ano de acceso gratuíto aos museos municipais coruñeses, ademais de 10 exemplares do almanaque municipal.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión