15 de febreiro de 2017
O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, asistirá ao acto de apertura da mostra, que terá lugar ás 20.00 horas.
O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participará mañá, na Sala de Exposicións Municipal Kiosco Alfonso, no acto inaugural da mostra Airiños aires, Rosalía, do fotógrafo Xurxo Lobato, no que estará presente o autor. O evento, aberto á cidadanía, comezará ás 20.00 horas.
A mostra, que organiza o Concello coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro e Obra Social la Caixa, pretende ofrecer ao público "unha mirada intimista, nostálxica e evocadora", segundo o autor, da vida de Rosalía e da súa obra. Así, a través dunha compilación de 50 fotografías de gran formato, Lobato percorre as paisaxes e espazos vinculados á poeta, da que salienta o seu papel fundamental no desenvolvemento da cultura galega.
A exposición, que conta con materiais procedentes da Real Academia Galega, da Fundación Rosalía de Castro, a Biblioteca de Estudos Locais e do Arquivo Municipal da Coruña, poderá visitarse ata o próximo 19 de marzo, de luns a domingo, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible