19 de decembro de 2015
Os talleres, de carácter gratuíto, servirán para que os menores constrúan os seus propios xoguetes con material de refugallo. O período de inscrición está xa aberto. Os e as interesadas deben anotarse na Tenda Solidaria
A Concellería de Emprego e Economía Social, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) desenvolverá dende este luns talleres para nenas e nenos co título ‘Construción de xoguetes con material de refugallo’, dentro das actividades que está a levar a cabo para fomentar o consumo responsable. Os obradoiros terán lugar no Mercadiño de Nadal da praza de María Pita.
“Estes talleres forman parte do programa educativo do servizo de consumo que pretende que os e as máis pequenas tomen conciencia das diferentes posibilidades que lles da o xogo. Nel aprenderán a construír xogos e xoguetes a base de materiais de refugallo, co que non só aprenden ás dististas posibilidades e as segundas vidas dos obxectos, tamén abrirán a súa imaxinación e creatividade”, explicou o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema.
Os talleres están destinados a rapazas e rapaces entre os 6 e os 11 anos, e o número máximo de participantes por actividade é de 8. En caso de sobrepasar o aforo, as prazas se asignarán por riguroso orden de inscrición e terán prioridade aquelas persoas que non participaran nun obradoiro anterior. Os talleres terán lugar na caseta número 7 do Mercadiño da praza de María Pita.
Así, os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro desenvolveranse catro talleres ao día. Os obradoiros terán horario de mañá (ás 12.00 horas e ás 12.45 horas) e de tarde (17.00 horas e 17.45 horas). As inscricións están abertas xa na Tenda Solidaria ubicada tamén en María Pita.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible