31 de xullo de 2023
Bizarrap, Nicky Jam, Jason Derulo, Two Door Cinema ou Rels B conquistaron o público na Coruña
Bizarrap, Nicky Jam, Jason Derulo, Two Door Cinema Club e Rels B, cabezas de cartel desta edición do Morriña Fest, conquistaron o público esta fin de semana na Coruña. O Morriña Fest afiánzase este 2023 como un dos principais festivais de toda España e está entre os festivais urbanos máis importantes.
O venres, Bizarrap, Jason Derulo ou Two Door Cinema Club fixeron bailar ao público no porto, onde tivo lugar esta edición do Morriña. Por alí pasaron tamén no primeiro día do festival: Sidecars, Danny Ocean, Shinova, Lalli Samuraï, Dudi, Berto, Apart e Purple Rei.
O sábado continuou a música deste Morriña Fest con outro cartel de luxo: Nicky Jam, Melendi, Rels B, xunto con Morade, Carlos Sadness, Emilia, Vilano Antillano ou Eva B.
Houbo tamén actuacións gratuítas nos Xardíns de Méndez Núñez, promovidas polo concello: como as de Javi Chapela, Monoulious DOP ou Les Castizos.
O Goberno de Inés Rey apostou así por expandir a oferta do Morriña Fest máis aló dos principais escenarios do recinto do porto, ofrecendo á cidadanía diferentes propostas e dando protagonismo a formacións galegas. O Concello elaborou un dispositivo de seguridade especial para o desenvolvemento do Morriña Fest durante o venres e o sábado.

9 de decembro de 2025

5 de decembro de 2025

26 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible