Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xullo de 2015

O Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón inicia os seus obradoiros de verán

Destinados a nenos e nenas de entre seis e doce anos, son gratuítos e se desenvolverán ao longo de cinco sábados de xullo e agosto.



O Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón inicia os seus obradoiros de verán destinados a nenos e nenas de entre seis e 12 anos. Estes terán lugar nas instalación do propio museo os sábados 11 e 18 de xullo e o 1,8 e 22 de agosto.

Os obradoiros terán una duración aproximada dunha hora e media. Cada un contará con 15 prazas e o seu custe será gratuíto. As inscricións dos cursos poderán realizarse desde hoxe no teléfono 981189850 e será por orden de reserva.

O obradoiro do 11 de xullo tratará sobre Pintura Rupestre, o do 18 de xullo versará sobre Cultura Castrexa, mentres que o do 1 de agosto tratará sobre Mosaico Romano. O do 8 de agosto leva por título Soldados Romanos e do 22 de agosto porá en contacto aos nenos coa alfarería baixo o nome Selo de Alfareiro: Terra Sigilata.

Documentos:

Obradoiros de verán no Museo Arqueolóxico (95 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión