Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2017

O Obelisco acolle mañá venres o mercado de cooperativas infantís do Proxecto Semente

Máis de 450 escolares participan nesta experiencia, e ofrecerán os produtos elaborados durante o curso, desde as 16.00 ata as 20.00 horas

Os arredores do Obelisco acollerán mañá, venres, unha nova edición do mercado do Proxecto Semente, Unha empresa na Miña Escola. A partir das 16.00 horas e ata as 20.00 horas, un total de 21 cooperativas escolares de 14 centros de ensino poñerán á venda os produtos elaborados  ao longo do curso nesta experiencia, que impulsa o servizo municipal de Emprego e Empresa e que ten como obxectivo dar a coñecer os pasos básicos para a creación dun proxecto empresarial, así como afondar no cooperativismo e no coñecemento do comercio xusto e da economía social entre o alumnado, que cursa entre terceiro e sexto de Educación Primaria ou Educación Especial.

Máis de 450 rapaces e rapazas de entre seis e doce anos participan nesta edición do proxecto, no que cada grupo creou e xestionou, durante o curso, unha cooperativa escolar e elaborou os produtos que agora se poñen á venda. O pasado mes de abril, nun acto realizado no Salón de Plenos do pazo municipal de María Pita, as e os representantes das cooperativas recibiron de mans do alcalde e do concelleiro de Emprego e Economía Social os permisos para realizar a dita venda. Ambos acudirán mañá ao mercado do Obelisco para comprobar o traballo do alumnado e coñecer as súas propostas.

Nesta edición do proxecto Semente, participaron no Proxecto Semente os centros CEIP María Barbeito, CPR Karbo, CEIP Salgado Torres, CEIP Anxo  da Guarda, CPR Jesuitinas, CEIP Raquel Camacho, CPR Grande Obra de Atocha, CEIP Sal Lence, CEIP Manuel Murguía, CEE María Mariño, CPR Cid, CEE Nª Sª do Rosario, CEE Nª Sª de Lourdes e CEIP Juan Fernández Latorre.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión