Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de novembro de 2016

O Pazo dos Deportes de Riazor acolle este domingo 27 o V Trofeo Solidario de Ximnasia Rítmica a prol da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas

Máis de 180 deportistas participarán nesta edición, que comezará ás 11.00 horas e cuxa entrada é de balde

O Pazo dos Deportes de Riazor acollerá na mañá do próximo domingo, 27 de novembro, unha nova edición do Trofeo Solidario de Ximnasia Rítmica, unha competición na que colabora o Concello da Coruña a prol da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, FEGEREC. En total, máis de 180 ximnastas de distintos municipios de Galicia e Asturias participarán nesta quinta cita, que se desenvolverá desde as 11.00 horas e que rematará ás 13.15 horas cun desfile final de todas as deportistas e a correspondente entrega de trofeos.

Neste encontro solidario, artellado polo propio colectivo de ximnastas e a propia Fegerec, e cuxa entrada é de balde, participarán deportistas do Club María Barbeito, Ximnasia Coruña, Escola Ximnasia Acordes de Oleiros, Acordes Narón, Club Esquío de Ferrol, Xim. Ritmica Compostela, Viravolta Santiago, Escola Pavillon e Club Pavillón de Ourense, Xirandela de Sarria,  Treboada de Pontevedra, Ximnasia Arousa, Club Rias Baixas e Gimnástico Versalles de Avilés. Este domingo tamén estarán presentes en Riazor os equipos de estética do Grupo Infantil e Senior da Escola Ximnasia Acordes de Oleiros e do Junior Acordes Narón, unha modalidade incorporada nos últimos tempos.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión