Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2015

O Planetario complementará a súa programación desta fin de semana con explicacións sobre a eclipse de Lúa

A eclipse producirase o vindeiro luns, 28 de setembro



Os Museos Científicos Coruñeses, fieis ao seu compromiso de divulgación da ciencia á cidadanía, ofrecerán esta fin de semana unha programación complementaria ás sesións da fin de semana no Planetario da Casa das Ciencias co gallo da próxima eclipse de Lúa do vindeiro luns.

Na madrugada do próximo luns, 28 de setembro, a Terra interpoñerase entre a Lúa e o Sol, proxectando a súa sombra sobre o noso satélite. Producirase así unha eclipse total durante o que a Lúa se escurecerá notablemente e adquirirá un leve ton avermellado. O máximo da eclipse terá lugar ás 4.47 (hora peninsular española), aínda que a fase de totalidade prolongarase durante algo máis dunha hora.

Para entender as implicacións e a orixe deste fenómeno, durante o venres 25, sábado 26 e domingo 27, todas as sesións do planetario da Casa das Ciencias complementaranse cunha breve explicación da eclipse utilizando os recursos do planetario dixital.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión