Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de marzo de 2018

O programa municipal 'Cultura Accesible e Inclusiva' incorpora á Fundación Banco Sabadell como nova entidade colaboradora

O alcalde, Xulio Ferreiro, e o presidente do padroado do ente financeiro, Miquel Molins, asinaron esta semana o convenio de colaboración

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, en calidade de presidente do Padroado da Fundación Emalcsa, asinou esta semana un convenio co presidente da Fundación Banco Sabadell, Miquel Molins, mediante o cal a entidade financeira incorpórase neste exercicio como colaboradora do programa Cultura Accesible e Inclusiva. O acto, que tivo lugar no Pazo de María Pita, tamén contou coa presencia da concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, así como do director xeral de SabadellGallego e subdirector xeral do Banco Sabadell, Pablo Junceda, e do xerente da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar.

O programa Cultura Accesible e Inclusiva, posto en marcha a través da Fundación Emalcsa no ano 2016, ten como finalidade favorecer a igualdade de condicións e oportunidades no acceso  á vida cultural así como no desenvolvemento da experiencia artística de toda a cidadanía, especialmente das persoas con diversidade funcional, para excluír así calquera barreira ou impedimento que dea lugar a súa discriminación. Ao longo deste ano, e no marco da segunda convocatoria, 13 entidades culturais da cidade, en colaboración con 21 asociacións do tecido social, desenvolverán actividades abertas á veciñanza que terán como finalidade a inclusión das diversidades. O convenio asinado coa Fundación Banco Sabadell permitirá articular a terceira convocatoria do programa, ademais da celebración da segunda edición do Festival de Artes pola Inclusión Cultural Festigual, entre outras iniciativas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión