Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de setembro de 2016

O Punto Limpo Móbil pasará en outubro por nove localizacións distintas da cidade

O servizo de reciclaxe estará dispoñible de martes a sábado, de 9.00 a 14.15 horas, durante todo o mes agás nas festividades dos días 7 e 12

A Concellería de Medio Ambiente vén de informar da situación do servizo do Punto Limpo Móbil para o mes de outubro, no que se achegará ata 9 ubicacións distintas da cidade. A primeira delas será o barrio de Novo Mesoiro, na rúa Illas Sisargas, na que se instalalará mañá, 1 de outubro. En horario de 09.00 a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas, CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas e vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (como televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

A vindeira semana, o servizo estará dispoñible para a veciñanza os días 4, 5 e 6 na praza Pablo Iglesias. Mentres que o día 7 non estará operativo pola festividade do Rosario, o sábado 8 situarase en Vioño. O martes 11 instalarase no barrio de Monte Alto, no Campo de Marte, e retomará o seu servizo do 13 ao 15 de outubro --despois do festivo estatal-- nos Castros, en Claudio San Martín. Na seguinte semana, o punto de reciclaxe atoparase no parque infantil da avenida de Cádiz, en Lonzas, mentres que os días 21 e 22 estará en Adormideras, na rúa Regata Cutty Sark. Finalmente, na última semana, entre o 25 e 27 de outubro, o servizo promovido pola Concellería de Medio Ambiente estará dispoñible na praza da Audiencia Provincial (Capitán Juan Varela), e os días 28 e 29 na rúa Gaiteira, á altura do número 31. Para máis información, pode consultarse a páxina web municipal www.coruna.gal/puntolimpomobil

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión