20 de xuño de 2023
Para visitar o Aquarium Finisterrae este día é imprescindible reservar entradas.
Con motivo do festivo local de San Xoán, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae realizan unha xornada gratuíta. Unha ocasión para gozar das exposicións interactivas dos tres museos, a alimentación de focas ou asistir a unha sesión de planetario.
As persoas que desexen visitar o Aquarium Finisterrae deberán reservar entradas premendo aquí a partir do mércores 21 de xuño ás 10.00 h. Para lles facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan. Para acceder á Casa das Ciencias e á Domus non é preciso realizar reserva.
As persoas que ademais queiran asistir a unha sesión do planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo. Entregaranse un máximo de dúas invitacións por persoa.
A programación do planetario o sábado 24 será a seguinte:
Horario de apertura
O horario de apertura dos Museos Científicos Coruñeses será das 10.00 ás 19.00 horas, co último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e a Domus.

20 de decembro de 2025
19 de decembro de 2025

19 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible