Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de febreiro de 2017

O Teatro Rosalía Castro acolle esta fin de semana a estrea de 'Tropical', a nova produción da compañía local Elefante Elegante

José Manuel Sande destaca o apoio do Goberno local ao tecido artístico coruñés, a través da visibilización do seu traballo

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá Tropical, a nova produción da compañía coruñesa Elefante Elegante, cuxa estrea terá lugar esta fin de semana no Teatro Rosalía Castro. O edil lembrou que, á marxe da programación da tempada do Ciclo Principal, presentada o pasado mes de decembro, e que se desenvolverá até o vindeiro 27 de maio, o Goberno local "apoia puntualmente", dentro do seu compromiso coa visibilización das e dos creadores locais, "estreas de produción do tecido coruñés e galego" no recinto municipal, "neste caso, ademais, a dunha compañía asentada, de longa e nutrida traxectoria". Así, o venres 17 e o sábado 18, ás 20.30 horas, o público coruñés poderá asistir á representación dunha obra, dirixida por María Torres e Gonçalo Guerreiro, "que xira arredor do concepto da viaxe", sinalou Sande.

O espectáculo, de teatro xestual, narra, desde a ironía e o absurdo, a viaxe de cinco grupos de persoas --turistas, migrantes, refuxiadas, músicas e forzas da orde-- ao bordo do barco Tropical. "A obra só conta con tres intervencións textuais, que teñen, incluso, unha presenza inferior ao circo, a imaxe ou a danza", explicou Guerreiro, "xa que preferimos traballar unha linguaxe que sexa universal, que se pode seguir a través do que vai acontecendo, alén do que se vai narrando". A compañía contou coa colaboración do antropólogo Carlos Diz no asesoramento da peza, "coa idea de conseguir desenvolver traballo artístico e antropolóxico", explicou Guerreiro. Neste sentido, Diz cualificou de "innovadora" a incorporación "da discusión da realidade" ao espectáculo que fai Elegante Elegante, "nun momento social, histórico e político concreto como o actual, no que a situación convida a experimentar".

As entradas están á venda no despacho de billetes da praza de Ourense e Ticketea desde 6,50 euros. Coma sempre, todas as persoas posuidoras do abono do Ciclo Principal terán un 25% de desconto na súa entrada. Tamén gozarán de bonificación aquelas que dispoñan de Carné Xove, teñan máis de 65 anos ou se atopen en situación de desemprego.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión