16 de febreiro de 2016
O alto tribunal emitiu este mes un auto no que rexeita o recurso polo que unha demandante pretendía paralizar o incidente de inexecución de sentenza que impulsa o Concello
O Concello da Coruña vén de recibir un auto xudicial datado o pasado día 10, no que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avala a folla de ruta do Goberno local na súa estratexia procesual respecto do edificio Conde de Fenosa, fronte ao recurso dunha das persoas litigantes, que impugnaba a admisión a trámite do incidente de inexecución de sentenza, impulsado pola Administración coruñesa para evitar a demolición do inmoble e que queda avalado polo proxecto municipal para a legalización do mesmo.
Nesta última resolución, a sala do contencioso-administrativo do alto tribunal de Galicia desestima o recurso que a parte demandante presentou contra dunha providencia ditada o 28 de decembro de 2015, na que se daba por promovido o incidente de inexecución por imposibilidade legal presentado polo Concello, que en outubro do ano pasado aprobou en Xunta de Goberno o proxecto para a legalización do edificio, que inclúe a supresión de certos elementos arquitectónicos. No citado recurso, a litigante pretendía supeditar ese procedemento de inexecución á reposición do Conde de Fenosa o seu estado orixinal “o cal suporía, na práctica, a súa demolición total”, tal e como fai notar o concelleiro de Rexeneración urbana, Xiao Varela.
Por contra, o auto do TSXG desbota este criterio e dálle a razón ao Goberno local en canto a que rexeita paralizar o procedemento de inexecución en curso, no que o Concello aspira a que se declare a imposibilidade legal de execución da sentenza que no ano 2001 ordenaba a demolición. “É no incidente de inexecución promovido polo Concello da Coruña onde a parte actora poderá alegar outros motivos, ademais dos indicados, para opoñerse ao interesado por esta administración”, fai notar o tribunal no auto, antes de desestimar o recurso de reposición interposto.

3 de decembro de 2025

15 de outubro de 2025

8 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible