Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xuño de 2016

O turismo de congresos medrou un 24% na Coruña o ano pasado, con 42.500 visitantes en máis dun cento de eventos

O concelleiro de Emprego e Economía Social destaca o incremento no número de participantes internacionais e sinala que a estadía media foi de 2,4 días

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, responsable da área de turismo, valorou este venres o balance do turismo de congresos do ano pasado, que "avala a posición da Coruña como destino de congresos, unha das apostas estratéxicas de Turismo da Coruña". Durante 2015, un total de 42.500 persoas asistiron a algunha das 103 reunións para as que foi elixida como sede  a cidade, o que supón un incremento de preto do 24% respecto ao ano anterior, cando se rexistraron 34.362 congresistas en 95 eventos. Como salienta o responsable municipal, o atractivo turístico da cidade, a oferta de recintos axeitados e a comodidade na xestión e os servizos sitúan á Coruña como unha cidade atractiva para tipo de actividade.

O ano pasado houbo 2.600 participantes internacionais, fronte aos 1.719 do ano anterior. En canto á duración, o 85% dos eventos tiveron unha duración máxima de dous días; o 10% entre tres e catro días e o 5% restante, máis de catro días. O 40% das reunións congregaron entre 50 e 150 persoas; o 15% entre 151 e 250; o 25% entre 251 e 500; o 15%, de 501 a 1.000, e o 5%, entre mil e dous mil. Os datos amosan que A Coruña é unha cidade atraente para realizar encontros de tamaño reducido e medio, aínda que tamén con capacidade para grandes congresos. Así se demostra, onserva o concelleiro de Emprego e Economía Social, nas reunión do presente ano, como o congreso da SemFYC (Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria) ao que asistiron uns 2.500 delegados e delegadas neste mes, e o da SECOT (Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía) previsto para setembro, tamén con preto de 3.000 asistentes previstos. Hai menos dun mes pechouse outra gran cita para 2018: o congreso de Periodoncia que reunirá a arredor de 4.000 profesionais.

En canto á estadía media dos visitantes de congresos á cidade, esta cífrase en 2,4 días, cun gasto medio estimado por congresista de 110 euros diarios. Estes datos supoñen un impacto económico de 11,22 millóns de euros en 2015, que repercuten en organizadores, hoteleiros, comerciantes e hostaleiros. Os congresos, salienta o concelleiro Lema, contribúen ademais á desestacionalización do turismo, ao concentrarse en primavera e outono. Tal e como reflicten os datos, outubro foi o mes con maior número de reunións, co 25%, seguido de setembro, con 18%.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión