19 de outubro de 2022
A Asociación de Veciños do Ventorrillo ofrecerá o servizo de gardarroupa e o Polideportivo Municipal o de ducha e a ludoteca
A penúltima proba de Coruña Corre 2022 está xa á volta da esquina e, coma sempre, chega acompañada dun amplo abano de servizos para a comodidade das persoas participantes.
A xornada deportiva do domingo 23 no Ventorrillo comezará ás 10.00 horas coa carreira absoluta e, desde as 11.15 ata as 12.25 h será a quenda das probas de menores.
Os dorsais, para aquelas persoas que non dispoñan do anual, entregaranse o sábado 22 desde as 11.00 ás 20.30 horas na Asociación de Veciños do Ventorrillo, na rúa Alcalde Salorio Suárez, 26. Tamén estarán dispoñibles o día da carreira desde as 09.00 horas ata 60 minutos antes do comezo de cada unha das probas.
O código QR que incorporan os dorsais permitirá comprobar os resultados ao instante. Ademais, a aplicación de Coruña Corre tamén incorpora os tempos, percorridos e información de cada evento do circuíto e podes descargala en https://corunacorre.com/gl/web/mobile/.
Tamén na Asociación de Veciños se prestará o servizo de gardarroupa, que estará operativo o día da carreira desde as 09.30 ás 13.00 h.
O servizo de duchas estará situado no Polideportivo Municipal do Ventorrillo, na rúa Alcalde Peñamaría de Llano, desde as 11.30 ata as 13.00 horas. Nesas instalacións programarase a ludoteca, entre as 09.30 horas e as 12.00 h.
Á chegada á meta, proporcionaráselles auga, xentileza de Coca-Cola, e avituallamento sólido (un boliño de pan con pebidas de chocolate de Sanbrandan e unha barriña enerxética que agasalla Gadis) ás persoas participantes en cada unha das categorías.

10 de abril de 2026

4 de abril de 2026

17 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible