27 de setembro de 2021
Será en casa Museo Casares Quiroga e poderá visitarse ata o 28 de novembro
Esta mostra busca lembrar o proceso de instauración da democracia incidindo na prioridade do Goberno local de traballar pola recuperación da memoria histórica e dar a coñecer ás novas xeracións o esforzo e o risco que asumiu a sociedade da época en favor da liberdade.
Ademais, o mesmo venres 1 de outubro, ás 19.30 horas, haberá unha mesa redonda sobre o proceso de transición democrática na que participarán Hortensia (Tensi) Álvarez Folgar, Carlos Etcheverría e Demetrio Vázquez Martínez, así como os comisarios da exposición, Emilio Grandío e Miguel Gutiérrez.
A mostra
A mostra, organizada polo Concello e o Grupo de Investigación Hispona da USC, revisa o arquivo privado do coleccionista Miguel Gutiérrez de entre 1975 e 1979. Compóñense de carteis, publicacións, pasquíns, panfletos, fanzines, panos, vinilos, caixas de mistos... achegas de mercadotecnica dunha vintena de partidos e organizacións que dan conta da publicidade e a propaganda da época. Todo este material aborda dúas cuestións principais como son a mobilización popular e os restos do 'franquismo' agrupados en sete apartados ordenados cronoloxicamente.
Sucederanse así obxectos e deseños relativos ás primeiras reivindicacións sobre os dereitos das mulleres, carteis das reivindicacións a favor do retorno de presos políticos ou o referendo sobre a Reforma Política de 1976 -a primeira chamada ás urnas da cidadanía tras a ditatura- as reivindicacións da volta a un sistema de goberno republicano, as primeiras eleccións xerais de xuño de 1977, o referendo da Constitución Española de 1978 ou as eleccións municipais do 1979.
Máis información no Dossier "Transición a pé de rúa"
Documentos relacionados
13 de maio de 2024
10 de maio de 2024
7 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible