Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xullo de 2026

EMVSA asumirá proximamente a xestión da piscina interior do Club del Mar de San Amaro, tras o acordo acadado entre o Concello e a entidade

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que o Concello prevé que a actividade normal na piscina climatizada se restablezca en outubro

A alcaldesa, Inés Rey, informou esta mañá de que o Concello e o Club del Mar de San Amaro chegaron a un acordo para que a xestión da piscina cuberta existente no interior da instalación volva a ser municipal.

Rey avanzou hoxe que o plan previsto polo Goberno local é encomendar esta xestión directa á Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA), unha vez se rescate a concesión da piscina.

Neste sentido, a actividade normal na piscina interior restablecerase no mes de outubro, tras o parón técnico previsto entre agosto e setembro.

Tamén esta mañá, a alcaldesa avanzou que os servizos xurídicos municipais está a estudar a sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo en relación aos custos de mantemento da piscina climatizada. A este respecto, a rexedora expuxo que o Concello está en contacto co Club del Mar de San Amaro para acadar un acordo extraxudicial que poña fin a esta vía.

"A cooperación e colaboración coa directiva do Club é total. E polo tanto, coido que pronto chegaremos a dito acordo", indicou Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión