27 de outubro de 2022
O proxecto ENKI, da Fundación Abrente, axuda a impulsar a inclusión das persoas con discapacidade funcional por medio do deporte
Esta mañá, o Pazo Municipal de María Pita acolleu o acto da entrega por parte do Concello dun cheque por valor de 4.452 euros ao proxecto ENKI, da Fundación Abrente, correspondente ao importe recadado durante o evento deportivo Gladiator Race - Banco Mediolanum, que se desenvolveu no parque de Bens os días 3 e 4 de setembro.
O proxecto ENKI axuda a impulsar a inclusión das persoas con discapacidade funcional a través do deporte. O Banco Mediolanum, a través da súa iniciativa solidaria 'Mediolanum Aproxima', apoiaron esta causa duplicando o importe recadado inicialmente.
No acto de entrega do cheque solidario, a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu a Ángel López en representación da Fundación Abrente, a Serafín Martínez, responsable de organización do evento Gladiator Race, así como a Carlos Cruzado e Borja Crespo, en representación do Banco Mediolanum.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible