Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xullo de 2015

Extinguido un incendio nunha caseta do peirao de Calvo Sotelo

Os bombeiros da Grela desprazáronse a primeira hora da mañá deste domingo, 5 de xullo, ao peirao de Calvo Sotelo debido a un incendio declarado nunha pequena edificación que contén transformadores que dan servizo ao propio peirao.



A chamada de alerta produciuse entorno as 08.30 horas da mañá e foi preciso solicitar a presenza dos técnicos de Gas Natural-Fenosa, para que acudisen ao lugar do incidente e poder cortar o subministro eléctrico. Como consecuencia deste corte, parte da zona centro quedou sen luz aproximadamente durante unha hora, xa que foi necesario interrumpir o subministro en distintos lugares.

Unha vez que os técnicos de Gas Natural-Fenosa procederon ao corte eléctrico, os bombeiros puideron acceder á zona en chamas, aplicando CO2 e despois cubrindo toda a zona afectada con espuma.

Todo semella indicar que o incendio se debeu a unha sobrecarga nun dos contadores que se atopaba dentro da caseta incendiada.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión