24 de abril de 2020
O novo vídeo enmárcase na campaña de concienciación da veciñanza #CoruñaQuedaNaCasa, que o Goberno local distribúe nas súas redes sociais e conta tanto coa participación de persoas anónimas de diferentes barrios como con rostros coñecidos da nosa cidade
Hai unhas semanas que o Concello da Coruña iniciaba unha serie de accións de concienciación da veciñanza co lema #CoruñaQuedaNaCasa. Agora toca lembrar os motivos que temos para seguir as indicacións das autoridades e amplíase o lema coa idea: "Facémolo por...".
O concello publica nas súas redes sociais unha peza audiovisual na que diferentes persoas vencelladas á cidade relatan esas pequenas grandes cousas da vida que nos levan a quedar na casa. Nesa relación de motivos están diferentes xeitos de socializar ou festexar, os paseos polas rúas do barrio ou a beira do mar, a cultura, a educación e, por suposto, os bicos e as apertas.
Persoas anónimas de diferentes barrios da cidade como Os Mallos, Os Castros, Novo Mesoiro ou Monte Alto, comparten protagonismo con comerciantes ou rostros coñecidos como o músico Xoel López, a actriz Berta Ojea, ou o director e coreógrafo de baile tradicional Henrique Peón. Tampouco falta a representación do deporte con atletas populares, de base e deportistas profesionais como Alex Bergantiños (RC Deportivo), Juan Copa (adestrador do HC Deportivo Liceo) ou Carlos Martínez (xogador do Basquet Coruña).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible