Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2015

Fórum Metropolitano e Ágora abren o luns 30 a inscrición para os seus campamentos de Nadal

As actividades xirarán arredor dos Mitos e lendas da civilización grega

 O Concello da Coruña anuncia para o vindeiro luns, 30 de novembro, a apertura do prazo de inscrición para os campamentos urbanos de Nadal do Fórum Metropolitano e Ágora. Esta iniciativa súmase á programación de actividades municipais para o tempo de lecer dirixida as nenas e nenos da cidade durante as súas vacacións escolares. Nesta ocasión, a temática dos obradoiros e e xogos dos centros socioculturais estará relacionada cos homes e mulleres protagonistas das lendas da mitoloxía grega. Os ‘Mitos e lendas’ servirán de guía nas actividades motrices, musicais ou teatrais que realizarán as e aos participantes do 21 de decembro ao 5 de xaneiro de 2016.

Aos campamentos poderán asistir rapazas e rapaces nados entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2011 e o prezo é de 35€ por participante. O prazo de solicitude comezará o luns ás 9 da mañá e  inscrición farase de forma presencial --por rigorosa orde de chegada-- nas conserxarías do Fórum ou do Ágora até cubrir as prazas en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

As actividades desenvolveranse serán os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro, e o 4 e 5 de xaneiro, en horario de 10 a 14 horas. Todos os días realizarase unha pequena pausa de 11.45 a 12.00 para tomar unha comedela que poderá levar cada participante. Para favorecer a conciliación, ademais, as familias que o desexen poderán solicitar a ampliación de horario de 9:00 a 10:00 h no mesmo momento da inscrición. Este servizo terá un suplemento de 5€ por participante. 
 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión