Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xaneiro de 2016

Galicia Emprende 2016: convocatoria de novas axudas para emprendemento

Promoción do espírito empresarial facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas.

 


O pasado 29 de decembro foron publicadas as 'bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014‑2020'.

Para poder optar ás axudas, da iniciativa Galicia Emprende, en réxime de concorrencia competitiva, as pemes e proxectos deben de cumprir as seguintes condicións [descrición breve]:

Son beneficiarios potenciais destas axudas:

As pequenas e medianas empresas que cumpran as seguintes condicións:

a) Composición do capital, no caso de sociedades mercantís:

1º O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean a acometer outras actividades económicas por conta propia na data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores persoais adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels.

2º A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou xurídicas, que si estean a desenvolver outras actividades económicas na data de solicitude, non poderá exceder conxuntamente o 49%. Polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20% no capital e sen outra actividade económica por conta propia á data de solicitude, deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta allea desde a alta de actividade da nova empresa e ata o fin do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.

b) Antigüidade na actividade empresarial:

1º No caso dos autónomos a data de alta censual non poderá ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade.

2º No caso de sociedades, tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

c) Contribución financeira exenta de axudas públicas:

Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

Requisitos principais do proxecto:

1.- Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non comezar antes da presentación da solicitude de axuda.

b) Presentar un custo subvencionable superior a 25.000 euros e non superior a 500.000 euros.

c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

2.- Considérase novo emprendedor, aquela persoa física que non estea a acometer outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que figure de alta no RETA cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses, ou teña unha participación igual ou inferior ao 25% do capital dunha sociedade mercantil.

3.- Considérase nova peme:

a) No caso dos autónomos, cando a data de alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade.

b) No caso de sociedades, cando a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

O prazo de presentación finaliza o 12/02/2016.

Revisa os requisitos de forma detallada; podes facelo a través desta ligazón.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión