10 de setembro de 2015
A Coruña acolle a II Carreira ENKI pola integración, organizada polo Concello da Coruña, a Fundación Abrente e a Fundación María José Jove, coa colaboración da Deputación da Coruña.
A segunda carreira ENKI pola integración celébrase o vindeiro domingo 13 de setembro ás 11:00 h. A cita será na explanada de Riazor. Ese día poderase gozar da carreira e da feira da solidariedade, que contará con casetas de diferentes entidades, entre elas a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC). Esta entidade participará co lema "Se non hai vento... haberá que remar", co fin de destacar a importancia da unión para facer fronte a estas enfermidades.

19 de decembro de 2025

11 de decembro de 2025

8 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible