9 de xuño de 1991
Unha data marcada polo deportivismo, polo famoso ascenso e pola queima "das meigas".
O estadio de Riazor estaba aquel día para rebentar e non era para menos. O Deportivo da Coruña podía converterse en equipo de primeira división. O partido comeza e aos 2 minutos de xogo, unha gran columna de fume negro negro e espeso comeza a saír da cuberta da bancada de Preferencia. Os afeccionados bótanse ao campo e o partido interrómpese de inmediato. A situación é crítica e a intervención laboriosa, pois hai que traballar desde a bancada xusto debaixo do incendio. Tres cuartos de hora máis tarde, logrouse apagar por completo.
O vento axudou ese día a que non se magnificase o incendio, pois podería ser unha catástrofe.
Unha vez que se reiniciou o partido, logrouse o tan ansiado ascenso do Deportivo a primeira división (2-0 fronte ao Murcia).
https://www.flickr.com/photos/147588011@N07/albums/72157679221697761
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible