Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de decembro de 2016

Incendio na nave de reciclaxe ACTECO

Pasadas as 19 horas recíbese unha chamada do 112-Galicia na que se solicita a nosa colaboración no polígono de Sabón (Arteixo) nunha nave de reciclaxe de cartón, plásticos e outros materiais.

O gran lume fai que sexa imposible de conter con só os bombeiros de Arteixo, polo que estes solicitan apoio de Bombeiros A Coruña, Carballo e Betanzos, ademais de efectivos de Protección Civil, Axega e Policía Local e Garda Civil. Desde A Coruña sáese con 4 dotacións. O fume pódese ver desde a cidade da Coruña.

Desde o lonxe xa se intúe as dimensións que pode ter o incendio. Con parte da estrutura colapsada, os equipos intervenientes distribúense para contelo. A proximidade do encoro e a axuda dos equipos da Refinería Repsol foron imprescindibles para poder conter as inmensas chamas. Non foi ata pasadas as 23.30 horas cando se considerou como controlado o incendio, aínda que tiveron que pasar días para poder dar por finalizada a súa extinción total.

Páxina web:

https://www.flickr.com/photos/147588011@N07/albums/72157679198673431

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión