5 de setembro de 2006
Os días secos e a gran vexetación fixeron perigar algunhas casas
Este día producíase un dos incendios forestais máis complicado dos últimos anos. Os días secos anteriores a este día, unido á gran vexetación nos montes e os fortes refachos de vento, fixo perigar algunha das casas da zona. A dispersión das vivendas fixo máis complicado, aínda se cabe, a extinción do incendio. Ante a proximidade das chamas a varias casas dispersas, fixo que se desprazase á zona todo o persoal e material dispoñible naquel momento. Afortunadamente non houbo que lamentar vítimas nin danos persoais nas vivendas.
https://www.flickr.com/photos/147588011@N07/albums/72157678027303712
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible