9 de maio de 2009
Arderon 14 naves completas e 3 quedaron moi danadas.
Sobre as 0.55 horas do día sinalado, entra unha chamada do 112 para lles prestar axuda aos compañeiros do parque comarcal de Arteixo nunha nave do polígono La Artística. A un quilómetro do lugar, vemos unhas chamas xigantescas e cremos que o incendio é máis do que nos dicían. Á chegada vemos unha imaxe dantesca. Practicamente todo un bloque do polígono está en chamas. Trasládase pois, todo o persoal do parque con practicamente todos os camións con auga e autoescalas. A intervención durou unhas sete horas e calcinou 14 naves por completo e 3 resultaron danadas. No devandito incendio participamos os bombeiros de Arteixo, Carballo, Cambre e A Coruña, así como persoal da refinería Repsol, facilitando auga.
https://www.flickr.com/photos/147588011@N07/sets/72157678709208930/with/31755326034/
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible